E-distrito

Noticias

Galicia contará con 5 Veloláser, os novos radares da Guardia Civil que xa están en probas.

Galicia contará con 5 Veloláser, os novos radares da Guardia Civil que xa están en probas.

  Anúncianse como indetectables e controlan velocidade e uso do cinto de seguridade. Custan 14.000 euros/u que se amortizarán coa imposición de 300 sancións.

  02 marzo 2018

  Son tan compactos que se poden adherir como a cotra a calquera superficie ou montarse sobre un trípode ►A tecnoloxía láser faios indetectables para os inhibidores e localizadores e dificulta a eficiencia das apps de alertas ►Haberá cinco nas estradas galegas

  Veloláser é o seu nome. Dentro de moi pouco este concepto formará parte do vocabulario habitual dos conductores; será tan familiar como Pegasus (as patrullas de helicópteros da DGT) ou os radares móbiles. E é que os Veloláser son os novo radares portátiles da DGT, que son máis precisos, máis compactos e máis indetectables que todos os seus predecesores. Tráfico está a probar desde hai días estes novos cinemómetros tras adquirir 60 dispositivos por un valor algo superior aos 14.000 euros por unidade, un prezo que quedará amortizado unha vez que cada un dos aparellos determine a imposición dunhas 300 sancións.

  En Galicia haberá en funcionamento cinco destes dispositivos

  A principal novidade do Veloláser é que é portátil e que a súa batería ten unha autonomía de 5 horas, aínda que tamén pode conectarse a unha fonte externa e estar operativo o tempo que sexa necesario. É tan compacto que pode montarse sobre un trípode dun metro de altura, sobre unha moto, sobre unha barreira, ou ben, pode adherirse como a cotra a practicamente calquera superficie. Ademais, contrólase a distancia a través de Wifi ou 3 G/4 G mediante unha tableta ou un simple smartphone, polo que, co Veloláser, desaparecerá a delatora estampa do típico vehículo estacionado nunha cuneta, un pórtico ou unha cabina lateral.

  Nas zonas urbanas está previsto que, entre outras tarefas, sexan especialmente eficientes á hora de controlar as zonas limitadas a 30 Km/ h

  En Galicia haberá cinco destes aparellos, aínda que se descoñece en que zonas operarán. Esta mesma semana, o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo anunciaba que contaría con algún destes aparellos nas 20 novas motocicletas que adquiriron na provincia para mellorar os controis de velocidade nas nosas vías e reducir a sinistralidade.

  O Veloláser pode detectar unha velocidade máxima de 250 Km/ h a unha distancia de ata 50 metros e controlar dous carrís á vez. Tamén é capaz de determinar se o condutor facía, ou non, emprego do cinto de seguridade ao seu paso polo punto de control. Debido ás súas dimensións, que o fan difícilmente detectable, nas zonas urbanas está previsto que, entre outras tarefas, sexan especialmente eficientes á hora de controlar as zonas limitadas a 30 Km/ h.

  Aínda por riba, o dispositivo, que funciona nun rango de temperatura de entre os 0 e os 50 graos, conta cun iluminador infravermello que lle permite estar operativo tamén de noite. Ademais, saben distinguir entre vehículos pesados e lixeiros. A proba de localizadores.

  A tecnoloxía láser dos novos cinemómetros convérteos en indetectables para os inhibidores e localizadores destes aparellos, que son ilegais, e complica que as apps de alertas sobre radares poidan advertir con eficiencia aos condutores, dado que podería situarse tan só unhas horas nun punto e ser, despois, trasladado a outro.

  Derivado de Galiciae.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados