E-distrito

Noticias

Audio/ Feijóo négase a contestar sobre que Delegado do Goberno foi o que lle avisou das súas fotos cun narcotraficante nun sumario xudicial

Audio/ Feijóo négase a contestar sobre que Delegado do Goberno foi o que lle avisou das súas fotos cun narcotraficante nun sumario xudicial

Responde a xornalistas galegos cun "Cando teñan vostedes un programa en La Sexta igual lles contesto".

  16 marzo 2018

  Primeiro foi o xornalista de Praza, David Reinero. “Que delegado do Goberno lle deu a vostede esa información?”, preguntoulle a Alberto Núñez Feijóo tras recoñecer el mesmo no programa Salvados de La Sexta que un alto cargo lle avisara de que se ían publicar a súas polémicas fotografías co narcotraficante Marcial Dorado. “Esas fotos estaban en mans de moita xente e a min ameazoume un partido político con facelas públicas, mesmo nunha campaña electoral, e, polo tanto, non podería contestarlle esa pregunta”, contestoulle o presidente da Xunta ao xornalista, que insistiu: “Pero quen lle deu a vostede esa información?”. E Feijóo respondeu: “Dígolle que esas fotos a tiña moita xente e eu non tiven nada que ver con ningún sumario en relación a esas fotos”. “Pero considera lóxico que un delegado do goberno lle informe diso?”, insistiu Reinero. “Intentei non contestarlle á primeira pregunta e non vou facelo nesta. Igual me parecece interesante como unha tertulia, pero non nunha rolda de prensa”, zanxou Feijóo. 

  E despois preguntou Galicia Confidencial: “Foi vostede quen dixo nese programa que foi o delegado do Goberno quen lle pasou esas fotos. Polo tanto, pode confirmar quen foi?”. E a resposta do presidente da Xunta foi o seu menosprezo: “Sería unha falta de respecto que lle dea a vostede unha información que non lle din ao seu compañeiro. "Cando teñan vostedes un programa en La Sexta, e lle conceda unha entrevista, igual lle contesto”. 

  A conversa:

.

  Feijóo insiste unha e outra vez, cando se lle pregunta por esta cuestión, que esas fotos “as coñecía moita xente” e tamén un “partido político”.  “Esas fotos estaban en mans de moita xente e a min ameazoume un partido político con facelas públicas, mesmo nunha campaña electoral, se seguiamos criticando a determinados líderes dese partido e, polo tanto, non podería contestarlle esa pregunta”,  dicía.

  De feito, ao presidente galego moléstalle que non se lle pregunte por esta cuestión, polo partido político que está detrás desas fotos, é dicir, sobre a súa filtración. Falou diso con Jordi Évole, aínda que logo non se emitiu. E Feijóo apunta directamente ao PSOE galego. Agora non quere dicilo abertamente, pero, o certo é que botando unha ollada a hemeroteca pódese comprobar como o líder do PP dixo hai cinco anos alto e claro que o PSdeG estaba detrás desas fotos e tamén entón utilizaba xa a palabra "ameaza".

  Derivado de GConfidencial
  Foto: Feijóo con Évole en La Sexta.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados