E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

O Porto da Coruña publica obrigado por lei as dietas do seu Consello de Administración: 100.000 euros en menos de tres anos.

O Porto da Coruña publica obrigado por lei as dietas do seu Consello de Administración: 100.000 euros en menos de tres anos.O Porto da Coruña publica obrigado por lei as dietas do seu Consello de Administración: 100.000 euros en menos de tres anos.

  O reparto corresponde a razón de 747´88 euros por cada asistencia. Xiao Varela (do Concello da Coruña) foi o único que renunciou á atribución.

  Nos integrantes do Consello de Administración están o Delegado do Goberno, Presidente de Puertos del Estado, e representantes da Xunta de Galicia entre outros. 

  O organismo levaba dous anos sen presentar as contas.

  05 abril 2018

  Os integrantes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña cobraron máis de 100 mil euros entre 2015 e 2017 (101.938,64 euros), unha cantidade que fica en 67.346 euros tralas retencións efectuadas. Estes importes corresponden á asistencia dos distintos representantes institucionais ás 13 xuntanzas que tiveron lugar entre o 1 de xaneiro de 2015 e o verán de 2017, a razón de 747,88 euros brutos por persoa e reunión (algo menos de 500 euros netos).

  Os integrantes do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña cobraron máis de 100 mil euros entre 2015 e 2017 pola asistencia a 13 xuntanzas

  Estes pagamentos foron destinados ao Delegado do Goberno (Jorge Atán), ao representante de Puertos del Estado (Álvaro Mora), ás representantes da Xunta de Galicia (Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, ou María Isabel Concheiro, secretaria xeral de Mar), aos delegados provinciais da Xunta (Belén Docampo e Diego Calvo), aos representantes do Concello de Arteixo (entre eles o seu alcalde, Carlos Calvelo), ao capitán marítimo da Coruña (Gustavo Ortega) ou aos presidentes da Lonxa da Coruña (Severino Ares e Juan Carlos Corrás). O representante do Concello da Coruña, Xiao Varela, negouse a recibir retribución ningunha pola súa participación neste organismo, xa que teñen lugar en horario laboral. Mentres, no caso dos representantes de UGT, da Cámara de Comercio e da Confederación de Empresarios as dietas percibidas son ingresadas directamente nas contas das súas respectivas organizacións. En ocasións, os representantes do Goberno galego ingresan posteriormente na Xunta este tipo de pagamentos por representación institucional.

  O Porto da Coruña negouse durante dous anos a facilitar esta información, que está obrigado por lei a comunicar. Así llo esixiu en varias ocasións o propio concelleiro de Rexeneración Urbana da Coruña, Xiao Varela. E, posteriormente, fíxoo unha veciña da cidade, unha petición que a Autoridade Portuaria tamén rexeitou. Porén, o Consello de Transparencia e Bo Goberno e a Avogacía do Estado obrigaron o Porto a comunicar os datos, algo que fixo finalmente nas últimas semanas de marzo. Iso sí, filtrándoos primeiro a un medio de comunicación. No seu escrito, remitido ao edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, a Autoridade Portuaria detalla -como lle esixía o Consello de Transparencia e Bo Goberno- os importes brutos e netos das "retribucións recibidas por asistencia ao Consello de Administración", identificando a data de percepción e a persoa ou entidade que as recibiu.

  O Porto da Coruña negouse durante dous anos a facilitar esta información, que está obrigado por lei a comunicar

  En total, houbo nestes case tres anos (entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de outubro de 2017) un total de 13 reunións. A máis destacada, pola importancia das decisións adoptadas nela, foi a do 22 de decembro de 2016, na que o Consello de Administración do ente portuario aprobou o inicio do proceso de poxa dos terreos do complexo deportivo da Solana e do Hotel Finisterre. Severino Ares, Jorge Atán, Beatriz Mato, Álvaro Mora, Carlos Calvelo, Belén Docampo, Gustavo Ortega, José Ramón Piñeiro, Consuelo Castro e María Isabel Concheiro recibiron 747.88 euros polas súa participación naquela xuntanza, na que votaron a favor da privatización dos terreos, co único voto en contra do representante do Concello da Coruña (Xiao Varela).

  Derivado de Praza.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados