E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

O Concello rexeita o convenio entre Fomento, Xunta e Puertos del Estado por especulativo.

O Concello rexeita o convenio entre Fomento, Xunta e Puertos del Estado por especulativo.

  A Coruña non só é unha das poucas cidades de España en que Fomento non pagará o seu Porto senón que ademais a decisión se toma de costas a Concello e cidadanía.

-  As administracións do PP actuaron unilateralmente sen contar con ningún outro partido nin coa participación do Concello.

-  O Pacto entre Fomento, Xunta e Puertos inclúe a compra por parte da Xunta do 51% dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo a cambio da subasta dos terreos de San Diego, onde se construirán ata 4.000 vivendas (pese a considerarse edificación excesiva) co obxectivo de paliar a débeda de máis de 300 millóns de euros que mantén o Porto da Coruña a conta dos erros de proxección na construcción do Porto Exterior.

- Aínda que a titularidade pública se mantén sobre Batería e Calvo Sotelo, a cidade da Coruña perde toda capacidade de decisión en favor do goberno galego.

-  José Llorca, presidente de Puertos del Estado, interrogado sobre a edificabilidade tan alta en San Diego e a repercusión negativa para a cidade responde: "Los puertos no tenemos ninguna vocación de hacer ciudad". 

  23 abril 2018

  O executivo municipal lembra que a revisión dos convenios de 2004, o tratamento da beira atlántica no seu conxunto e a garantía de uso e titularidade públicos son premisas irrenunciables

  O goberno municipal da Coruña rexeita enerxicamente a oferta pactada pola Xunta de Galicia, Puertos del Estado e o Ministerio de Fomento para blindar os convenios urbanísiticos de 2004 e salvar así a operación especulativa nos peiraos de San Diego, argallada de costas á cidade, ás súas institucións e a súa xente. O executivo local anticipa que, nesas condicións e co contido do convenio que se propón, o Concello da Coruña non adquirirá cota de propiedade dese condominio. O consistorio municipal convida ás administracións estatal e autonómica, gobernadas polo Partido Popular, a rectificar agora que aínda están a tempo: aproveitando que o convenio non está asinado, deben deixar sen efecto, con carácter inmediato, o polémico protocolo e retomar as conversas co Concello.

  O concello considera que calquera negociación sobre a fachada litoral da Coruña debe partir de tres permisas que son irrenunciables: a revisión dos convenios de 2004, o tratamento da beira atlántica no seu conxunto, non troceada, e a garantía da titularidade e o uso públicos de todos os terreos portuarios. O goberno municipal lembra tamén que aínda non recibiu resposta nin da Xunta nin do Ministerio de Fomento á súa proposta de protocolo, enviada e comunicada no mes de outubro a ambas institucións, nin ao convite realizado aos seus dirixentes para participar os vindeiros días 27 e 28 de abril no Foro Cidadán Tecendo Litoral, un espazo de reflexión aberto á cidadanía para abordar o futuro do bordo litoral, e no que o executivo municipal exporá a súa proposta para os terreos portuarios así como o resultado da investigación levada a cabo nestes meses dentro do proceso Tecendo Litoral.

  Derivado de Concello da Coruña.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados