E-distrito

Noticias

O PNV consegue unha suba de todas as pensións según IPC en 2018 e 2019 a cambio de apoiar os Presupostos.

O PNV consegue unha suba de todas as pensións según IPC en 2018 e 2019 a cambio de apoiar os Presupostos.

  Os nacionalistas tamén logran que o "Factor de sostenibilidad" (que aprobou o PP en 2013 e que reducirá as pensións) se retrase de 2019 a 2023.

  Rexeitarán todas as enmendas á totalidade dos presupostos e permitirán que as contas públicas de 2019 saian adiante

  Afirman que o Goberno lles deu tamén un "compromiso firme" de que se derrogará o 155 cando haxa un govern en Catalunya

  26 abril 2018

  O PNV provocou un xiro radical na política de pensións a curto prazo, que lle permite xustificar ante o seu electorado o apoio á tramitación dos Orzamentos do PP a pesar de que o 155 continúa en vigor en Catalunya. Segundo anunciou o portavoz do PNV no Congreso, Aitor Esteban, o Goberno aceptou a súa formulación dunha subida de todas as pensións segundo IPC en 2018 (un 1,6%) e 2019, á parte da prevista das pensións mínimas do 3%. Tamén explicou que haberá un atraso ata 2023 do chamado factor de sustentabilidade que entraba en vigor en xaneiro de 2019 e que supón unha rebaixa das pensións aínda sen cuantificar. Ademais, haberá un incremento tamén para as pensións de viuvez (un aumento da base reguladora ao 56% en 2018 e ao 60% en 2019, agora está no 52%). 

  A cambio disto, informou o portavoz peneuvista, o grupo rexeitará todas as emendas á totalidade dos orzamentos e facilitará así que sigan adiante. Esteban explicou que onte martes se produciu unha reunión entre o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o de PNV, Andoni Ortuzar, no que lle transmitiu esta formulación, que se "aceptou". 

  O País Vasco foi un dos territorios onde as protestas dos pensionistas por unhas prestacións dignas foron máis importantes. 

  O PNV presentará unha emenda parcial con estas subidas para os pensionistas e está "vixiante" de aquí ao 24 de maio, cando se votarán, dixo Esteban. "Son reivindicacións do colectivo de pensionistas que cremos xustas", asegurou. 

  Postura fronte ao 155 en Catalunya 

  Ademais do asunto das pensións, que loxicamente acapara todos os titulares, Esteban non profundizou sobre o antigo compromiso firme da súa formación para non apoiar os Orzamentos do PP e nin sequera sentar a negocialos mentres seguise en vigor o artigo 155 da Constitución en Catalunya. Dado que ese é precisamente o escenario, Esteban, que non quixo aceptar moitas preguntas, afirmou que ao PNV congratúlalle " o compromiso firme de Rajoy de derrogar" o 155 no momento en que haxa un "govern" e de "abrir unha nova etapa de diálogo en Catalunya". "A nosa política irá dirixida ao final do 155", resolveu.

  Derivado de ElDiario
  Foto: Aitor Esteban (PNV) con Mariano Rajoy. 

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados