E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

Días Azuis: sorteo de 80 tarxetas prepago de 300 e 150 euros para as persoas que merquen no comercio galego.

Días Azuis: sorteo de 80 tarxetas prepago de 300 e 150 euros para as persoas que merquen no comercio galego.

  A segunda edición de esta iniciativa está vixente entre o 07 e o 21 de maio. Organizan Xunta de Galicia, Federación Galega de Comercio e Abanca.

  07 maio 2018

  A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou o pasado 02 de maio en Santiago de Compostela na presentación da segunda edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebrará do 7 ao 21 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.

  Na súa intervención, a directora xeral destacou que durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade, “tan importante para a nosa economía”. Neste sentido, animou aos galegos e galegas a comprar, gozar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

  Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante.

  Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros (sete tarxetas por provincia) e 52 de 150 euros (13 tarxetas por provincia), que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 25 de maio.

  A iniciativa, que o pasado ano sumou un total de 70.000 tíckets, enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para reforzar este sector e que contempla un total de 55 accións específicas ata 2020. 

  Derivado de Xunta de Galicia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados