E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

Sentencia Gürtel: 51 anos para Correa, 33 para Bárcenas e o PP condenado "a título lucrativo".

Sentencia Gürtel: 51 anos para Correa, 33 para Bárcenas e o PP condenado "a título lucrativo".

  Tamén Pablo Crespo, exalto cargo do PP galego, foi condenado a 37 anos e medio de prisión.

  A sentenza de Gürtel é todo un catálogo da corrupción. Os 29 condenados o son por esta ristra de delitos: asociación ilícita, fraude á administración públia, suborno (activo e pasivo), falsidade en documento mercantil, malversación de caudais públicos, prevaricación, branqueo de capitais, delitos contra a facenda pública, tráfico de influencias, apropiación indebida, exacciones ilegais ou estafa procesual tentada.

  24 maio 2018

  A Audiencia Nacional dictou  este xoves a súa sentenza pola maior trama de corrupción da historia do PP. O fallo condena ao xefe de Gürtel, Francisco Correa, a 51 anos de cárcere, mentres que ao extesoreiro do PP Luís Bárcenas imponlle unha condena de 33 anos. O Partido Popular é considerado no fallo responsable civil a título lucrativo por beneficiarse de 245.000 euros da corrupción de Gürtel. 

  A Audiencia Nacional condena a 351 anos de cárcere a 29 dos 37 acusados no xuízo pola primeira época do caso Gurtel. A resolución inclúe un voto particular do maxistrado Ángel Hurtado que propón a absolución do PP e de catro acusados. O número dous de Correa, Pablo Crespo, foi condenado a 37 anos e medio de cárcere. A esposa do extesorero, Rosalía Igresias, foi condenada a 15 anos  de prisión. O Partido Popular temía que se Iglesias era condenada e o tribunal decidía enviala a prisión de forma inmediata, sen esperar ao recurso ante o Supremo, desatásese unha vinganza do extesorero. O ingreso inmediato no cárcere desta ou outros condenados depende de que a Fiscalía o solicite e o tribunal o acorde. 

  A exmuller de Francisco Correa, Carmen Rodríguez Quijano, foi condenada a 14 anos e 8 meses. O que fose amigo de Correa, concelleiro de Majadahonda e denunciante do caso Gürtel, José Luis Penas, a 4 anos e 9 meses. 

  Outros condenados son o exalcalde de Majadahonda, Guillermo Ortega, a 38 anos de prisión, a segunda condena máis elevada incluída no fallo; Alberto López Vello, quen fose conselleiro de Esperanza Aguirre, a 31 anos; e Jesús Sepúlveda, o exmarido de Ana Mato, a 14. A sentenza considera á exministra de Sanidade e a Gema Matamoros, esposa de Guillermo Ortega, partícipes a título lucrativo, do mesmo xeito que ao PP. O fallo absolve a oito acusados, entre eles a Álvaro Pérez, El Bigotes. 

  Unha sentenza como un catálogo de corrupción 

  A sentenza de Gürtel é todo un catálogo da corrupción. Os 29 condenados o son por esta ristra de delitos: asociación ilícita, fraude á administración públia, suborno (activo e pasivo), falsidade en documento mercantil, malversación de caudais públicos, prevaricación, branqueo de capitais, delitos contra a facenda pública, tráfico de influencias, apropiación indebida, exacciones ilegais ou estafa procesual tentada. 

  Como paradigma, a sentenza inclúe 28 delitos de prevaricación, o delito que describe as ilegalidades cometidas desde un cargo público. Eses 28 delitos suman 194 anos de inhabilitación. O delito para o beneficiado desas decisións, o suborno, repítese en 24 casos sobre 12 acusados. Hai 26 delitos demostrados de branqueo , 36 de malversación e 20 contra a facenda pública. Destes último, 11 recaen sobre o matrimonio de Bárcenas e Rosalía Iglesias. 

  Segundo defendeu a Fiscalía no seu informe ao final do proceso, a trama consistía nun "sistema" para conseguir adxudicacións públicas a cambio de pagar comisións dun "tres ou catro por cento" a altos cargos públicos. "Non é un feito illado, é unha actividade duradeira para delinquir", resaltou. Trátase de conseguir "contratos públicos a cambio de subornos a funcionarios e autoridades do PP" e precisou que a través destes contactos da rede corrupta apropiáronse " de fondos públicos". Para Anticorrupción quedou probado que a Gürtel buscaba un "enriquecemento co abuso das funcións públicas dalgúns dos acusados".

  Derivado de El Diario.
  Foto: Pablo Crespo (arquivo)

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados