E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

A sanidade en España xa non está nas 10 mellores do mundo: cae ao posto 19

A sanidade en España xa non está nas 10 mellores do mundo: cae ao posto 19

  O informe da revista médica máis prestixiosa do mundo, The Lancet,  amosa un desplome da atención sanitaria española

  28 maio 2018

  A calidade da sanidade en España desplomouse nos últimos anos. E o dato provén da revista médica máis importante do mundo: The Lancet. De estar sempre entre os 10 primeiros cae ao posto 19, que reflicte a forte caída que sufriu a atención sanitaria española en tan só un ano.

  The Lancet faise eco dunha investigación que mide a calidade do sistema sanitario de 195 estados do mundo mediante a comparación de datos de 32 causas de morte curables cunha atención médica axeitada, como a tuberculose ou o tétanos, para adxudicar unha puntuación de 0 a 100.

  As cifras de 2016 sitúan a España, cos seus 92 puntos, no posto número 19 o que supón un descenso de dez posicións respecto da estatística de 2015. As nacións que encabezan a táboa son Islandia, Noruega e Holanda, mentres que á cola quedan a República Centroafricana, Somalia e Guinea- Bissau. Na clasificación, España atópase por diante de Francia e Grecia. Do outro lado, Andorra, Italia e Irlanda superan á sanidade española.

The lancet 7

  A rechamante diferenza pode ter a súa explicación en que, neste novo traballo, The Lancet toma máis variables para establecer a puntuación.

  No caso de España, a peor puntuación obtena o parámetro que mide a atención ao cancro de pel, cun 57; seguido de cancro de cérvix, cun 60, e testicular, cun 79 sobre 100. Pola contra, enfermidades como o tétanos, a diabetes, a apendicitis ou as hernias son resoltas dentro do SNS da mellor forma posible, pois se valoran cos cen puntos posibles.

gr3a

  Derivado de GCiencia.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados