E-distrito

Noticias

PP, PSOE e Cs rexeitan condenar a Arabia Saudita polo descuartizamento dun opositor.

PP, PSOE e Cs rexeitan condenar a Arabia Saudita polo descuartizamento dun opositor.

  O Congreso desoe tamén a recomendación de Alemania para a paralización de ventas ao país tamén responsable da maior catástrofe humanitaria actual (en Iemen).

  Á connivencia coa dictadura árabe únense tamén os contratos de Navantia que os Saudíes poderían cancelar. 

  A lei española prohibe a venda de armas a países en conflicto ou que non respecten os dereitos humanos. Unidos Podemos propón que nos casos en que un país cancele un pedido por causa da aplicación das leis, sexa o estado quen asuma a responsabilidade da fabricación para non perxudicar a traballadores e industria. O Psoe nega que o goberno poida actuar de ese xeito.

  24 outubro 2018

  O Congreso volveu a rexeitar este martes paralizar as exportacións de armas a Arabia Saudita. A comisión de Defensa da cámara tombou unha Proposición non de Lei ( PNL) que pedía aumentar os controis sobre o armamento que exporta España e cesar as vendas á monarquía saudita ata que estes se implanten, co obxectivo de confirmar que as armas españolas non se utilizan no conflito de Iemen ou se reexportan sen autorización. Unidos Podemos, ERC e Compromís votaron a favor, con PP e PSOE en contra. Cidadáns e o PNV abstivéronse.

  A PNL foi presentada por Compromís (integrado no grupo mixto) en abril, antes da saída á luz do caso de Jamal Khashoggi, presuntamente descortizado no consulado de Arabia Saudita en Istambul (Turquía) por sicarios enviados pola súa coroa. Con todo, tomou nova relevancia por mor deste e a posterior de decisión de Alemania de vetar as exportacións ao país árabe ata que se aclaren as feitos que rodean o presunto asasinato do xornalista.

  Marta Sorlí, portavoz do partido valenciano, condenou a actuación de Arabia Saudita e pediu ao resto de grupos que apoien o seu inciativa para paralizar o comercio de armas co país xa que, ademais, este encabeza a campaña de bombardeos sobre Iemen que provocaron “a maior catástrofe humanitaria que atravesa o mundo neste momento”.

  “Isto non é algo que diga Compromís, senón que é algo que di a ONU, Amnistía Internacional e a propia ministra de Defensa, aínda que logo a voceira do Goberno corríxaa dicindo que as bombas [que vende España] matan pero pouco”, manifestou Sorlí.

  Desde Unidos Podemos propúxose que en casos como o de Navantia e a fabricación de cinco corvetas para Arabia Saudita –polo que a empresa pública ingresará 1.800 millóns de euros– sexa o Estado o que asegure a carga de traballo. Desta maneira, cando a actuación dun país co que se asinou un contrato de exportación faga imposible finalizar a venda sen violar a lei española (que prohibe a venda de armas a países en conflito ou que violen os dereitos humanos), os morados piden que o Goberno asuma a responsabilidade de buscar un novo comprador para o material e, de non atopalo, efectúe un encargo propio equivalente ou quede coas armas co fin de non prexudicar aos traballadores e a industria.

  O PSOE desestimou esa posibilidade, negando que o Goberno poida actuar dese modo. Sobre o uso de armamento español en conflitos abertos, o deputado socialista Antonio Gutiérrez Limones explicou que “a raíz do golpe de estado que tivo lugar en Iemen en 2014 e a intervención da liga árabe nese país, reforzáronse as garantías de uso final nas exportacións a Arabia Saudita, Emiratos Árabes e Qatar. Non se ten ningún coñecemento de que tivesen ningún outro uso que o autorizado”.

  Ademais, lembrou que Nacións Unidas non activou ningún embargo de armas sobre os países que integran dita coalición, unha medida que si mantén activa contra Corea do Norte, Sudán ou o propio Iemen.

  Mentres se desenvolvía este debate na comisión de Defensa, fóra o PDeCAT presentou outra iniciativa para paralizar de inmediato as vendas a Arabia Saudita a raíz do caso de Khashoggi. De saír adiante, será o Pleno do Congreso o que deberá posicionarse sobre o asunto. Este mércores será o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o que explique no Pleno a posición de España en relación co comercio de armamento coa monarquía absolutista.

  Máis controis sobre o uso final das armas

  Os voceiros de PP, PSOE e Ciudadanos mostráronse remisos a impulsar unha resolución que mencione especificamente a Arabia Saudita ata que conclúa a investigación do presunto asasinato de Khasoggi e a comunidade internacional adopte unha posición oficial con respecto ao caso e á venda de armamento. "Non se pode xogar co pan da xente", expresou a popular María José García-Pelayo.

  Estes tres grupos recalcaron a importancia da industria de defensa no emprego, na política de seguridade española e no investimento en I+D+i. Piden ao Goberno que non poña en risco os contratos asinados e a súa consecuente carga de traballo antes de que as institucións internacionais ás que pertence España determinen o cesamento das exportacións a un país en concreto. É a mesma posición que adoptaran no pasado cando a posible paralización das exportacións a Arabia Saudita levouse a votación na comisión de Defensa.

  Con todo, si se aprobaron medidas destinadas a mellorar a transparencia das autorizacións de venda de armas. A comisión de Defensa pediu ao Goberno que forneza información aos seus deputados sobre as decisións da xunta interministerial encargada de aprobar estas exportacións, cuxas actas son material clasificado. Tamén que o dote de mecanismos e os recursos necesarios para que sexa capaz de verificar que os países cos que comercia España cumpren as cláusulas de non reexportación do material.

  Neste sentido, o PSOE informou de que o borrador do protocolo para seguir e controlar o armamento español unha vez que este chega ao seu destino está terminado e someterao a votación proximamente. O anterior Goberno, liderado por Mariano Rajoy, confesou que non existía tal protocolo a pesar de que a lei de comercio de armas que esixía a súa creación aprobouse en 2007.

  Derivado de El diario.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados