E-distrito

Noticias

O goberno español aproba o decreto lei para que sexan os bancos quen paguen o Imposto das Hipotecas e non os cidadáns.

O goberno español aproba o decreto lei para que sexan os bancos quen paguen o Imposto das Hipotecas e non os cidadáns.

  Pedro Sánchez asegura que o goberno cambia as leis en consonancia coas necesidades sociais: "democracia es que no paguen siempre los mismos".

  09 novembro 2018

  O goberno español aprobou un decreto que entrará en vigor o sábado, para que sexan os bancos os que paguen o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados e non os cidadáns nas operacións hipotecarias. 

  O Consello de Ministros na súa reunión deste xoves tomou esta medida despois de que o Pleno da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo decidise o martes que fosen os clientes e non a banca quen pague o imposto. A decisión do alto tribunal foi unha modificación á súa propia sentenza do 18 de outubro, cando a súa Sala do Contencioso fallou que deberían ser os bancos os que deberían pagar o imposto. A decisión durou só 24 horas, pois o mesmo tribunal optou por facer unha revisión a profundidade do caso debido “á enorme repercusión económica e social” xerada por un cambio na doutrina tras 20 anos sendo o cliente o que pagaba ese imposto. 

  Na súa decisión deste xoves, o goberno precisou que “ante diversos pronunciamentos e para evitar que se xere incerteza e inseguridade xurídica que poida afectar o mercado hipotecario e aos intereses dos consumidores, proponse reformar esta lexislación”. A modificación faise aos artigos 29 e 45 da lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. O que se establece é que o suxeito pasivo do imposto, cando se trate de escrituras de constitución de préstamo con garantía hipotecaria, será o prestamista. O decreto inclúe unha disposición pola que se modifica o artigo 15 da Lei sobre o Imposto de Sociedades para establecer que o gasto que supoñerá o pago de imposto sobre Actos Xurídicos Documentados, estará considerado como non deducible por parte do banco. O goberno español informou que a medida aplicará ás escrituras formalizadas a partir da entrada en vigor da norma.

  "Este Gobierno cree en la redistribución de la riqueza y también en la carga impositiva, y, por tanto, la lección que tenemos que extraer de esta semana es que la democracia también es que no paguen siempre los mismos", insisteu Sánchez.

  Exencións á lei 

  No seu artigo 45, a lei establece que están exentos do pago deste imposto o Estado e as Administracións públicas territoriais e institucionais e os seus establecementos de beneficencia, cultura, Seguridade Social, docentes ou de fins científicos. A exención é aplicable tamén aos partidos políticos con representación parlamentaria, Cruz Roja Española, a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), a Obra Pía dos Santos Lugares e a Igrexa católica e as igrexas, confesións e comunidades relixiosas que teñan subscritos acordos de cooperación co Estado. Igualmente, figuran como exentas as caixas de aforro e as fundacións bancarias, polas adquisicións directamente destinadas á súa obra social.

  Derivado de 20minutos.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados