E-distrito

Noticias

A Xunta busca abaratar o carburante abrindo máis gasolineiras.

A Xunta busca abaratar o carburante abrindo máis gasolineiras.

  Galicia é unha das CCAAs cos prezos máis elevados. Feijóo afirma que "cando se instala unha gasolineira low-cost automáticamente as outras que están preto rebaixan os prezos".

  16 novembro 2018

  A Xunta xa atopou, ou polo menos cre atopar, a solución para rebaixar os elevados prezos do combustible en Galicia que a situán como unha das autonomías onde máis caro se fai repostar os depósitos dos vehículos. A súa receita está en impulsar a implantación de gasolineiras para rebaixar os prezos dos carburantes.

  O Goberno galego está convencido de que o prezo aquí é máis elevado que noutras zonas do Estado porque hai "poucas gasolineiras low-cost". "Cando se instala unha gasolineira low-cost automáticamente as outras que están preto rebaixan os prezos", dixo o presidente galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Por iso, o seu executivo aprobará un decreto para fomentar a instalación de novas plantas e facilitará as xestións administrativas para que así sexa. 

  De feito, a Consellería de Economía xa leva traballado coa Comisión Nacional do Mercado de Competencias neste decreto que ten por finalidade que non haxa unha "perda de competitividade das empresas" polos altos prezos do gasóleo.  Neste sentido, a Xunta substituirá o actual rexistro autorizativo por outro declarativo. É dicir, unha gasolineira pode comezar a súa actividade sen agardar a unha autorización, senón presentando só un documento declarativo de que vai comezar a actividade.

 Simplificación de trámites

  O Goberno galego tamén simplificará os trámites para estas novas aperturas. Ademais, remitirá recomendacións aos concellos para que permitan a implantación de máis gasolineiras. Así, nestes escritors recordaranlle aos entes municipais que os chans industriais ou comerciais son compatibles para instalar gasolineiras.

  Tamén recomendarán que centros comerciais e polígonos industriais teñan estación de servizos e instarán aos concellos a aprobar a súa implantacjión porque as licencias municipais "valen para este tipo de establecimentos", sempre e cando "cumplan a lei de hidrocarburos". 

  Na súa comparecencia ante os medios Feijóo suliñou que "paga a pena" este tipo de medidas porque "fomentan a competencia" e insistiu na necesidade de ter máis gasolineiras "low-cost" como existen, dixo, noutras partes de España, porque iso fomenta a "competencia e a rebaixa de prezos".

  Derivado de GConfidencial.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados