E-distrito

Noticias

Descuberto 2018 VG18, un novo planeta no Sistema Solar.

Descuberto 2018 VG18, un novo planeta no Sistema Solar.

  Os astrónomos atoparon un novo planeta moi afastado no noso Sistema Solar. O pequeno planeta chámase 2018 VG18, máis tarde alcumado “Farout“, que en galego sería "Lonxe".

  18 decembro 2018

  É oficial: os astrónomos atoparon un novo planeta anano no noso Sistema Solar. “É un obxecto moi afastado “, dixo o astrónomo Scott Shepard da Carnegie Institution for Science. O pequeno planeta chámase 2018 VG18, máis tarde alcumado “Farout“, que en galego sería ‘Lonxe’, xa que está situado a 18 mil millóns de quilómetros de distancia.

  A distancia é máis de 100 veces a que media entre a Terra e o Sol, e aproximadamente a mesma na que se atopa a sonda Voyager 2, a sonda da NASA que se lanzou en 1977 e alcanzou o espazo interestelar este mes.

  Farout foi descuberto polo telescopio Subaru xaponés en Hawai o 10 de novembro por Shepard e varios colegas, segundo un comunicado no sitio web da Carnegie Institution for Science.

  Ata agora, Farout segue sendo profundamente misterioso. Pero un aspecto que xa atrae o interese científico é a súa órbita inusual. Farout orbita nun ángulo raro, xunto con outros chamados “obxectos trans-neptunianos” . Nos últimos anos houbo moita especulación sobre a razon que podería estar a causar a traxectoria inusual deses corpos astronómicos. Unha das explicacións máis populares é a posible existencia dun noveno planeta, ou o Planeta X.

  De feito, os astrónomos descubriron Farout mentres buscaban a existencia dun noveno planeta, segundo o comunicado. Os datos máis recentes suxiren que tamén podería ser un grupo de obxectos dentro do mesmo campo gravitatorio.

  Estímase que Farout ten un diámetro de 500 km e que tarda máis de 1.000 anos en orbitar o Sol. Tamén ten un ton rosado, segundo os investigadores. “Coas novas cámaras dixitais de campo amplo nalgúns dos telescopios máis grandes do mundo, finalmente estamos a explorar os límites do noso Sistema Solar, moito máis alá de Plutón”, dixo Chad Trujillo, astrónomo da Universidade do Norte de Arizona.

  O descubrimento amosa que a pesar de que os investigadores agora están a atopar rutinariamente planetas orbitando outras estrelas, aínda hai obxectos non descubertos do tamaño dun planeta no noso propio Sistema Solar. Realmente serve para mostrar canto queda por aprender sobre o noso recuncho relativamente pequeno da galaxia.

  Derivado de GCiencia.
  Foto: Recreación do planeta.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados