E-distrito

Noticias

Tanto as Asociacións de Médicos como as de Enfermería rexeitan a reforma da Atención Primaria do Sergas.

Tanto as Asociacións de Médicos como as de Enfermería rexeitan a reforma da Atención Primaria do Sergas.

  Piden ter maior tempo cos pacientes, maior capacidade de xestión nas estruturas organizativas, recursos humanos e medidas para aproveitar os recursos actuais.

  Asociacións de Enfermería sinalan tamén que o novo borrador xera máis crispación.

  25 febreiro 2019

  Os médicos galegos expresaron este luns o seu rexeitamento ao borrador de "un suposto novo modelo" de Atención Primaria, presentado o pasado mércores pola Consellería de Sanidade e que admite incorporacións ata o 28 de febreiro, e urxen "solucións reais" para este nivel asistencial. Sobre o documento presentado, os médicos galegos consideran que se trata dunha "declaración de intencións" e criticaron que "inclúe só parcialmente algunhas das propostas realizadas".

  Nun comunicado de prensa as sociedades científicas Agamfec, Semergen Galicia, SEMG e AGAPap e o Consello Galego de Colexios Médicos, mostraron a súa postura común ante o borrador do novo modelo de Atención Primaria presentado o 20 de febreiro pola Conselleria de Sanidade.

  "Desde o primeiro momento entendemos, e así o fixemos público, que a metodoloxía aplicada pola Consellería nestes últimos Grupos de Traballo non era a correcta para desenvolver un proxecto tan ambicioso como a elaboración dun novo modelo para a Atención Primaria, que dese solución ás inaprazables demandas que se han explicitado en ls últimos meses e sobre as que xa propuxemos solucións nos Grupos de Traballo do 2015", explicaron.

  Así, insisten en que "non eran nin son necesarios novos borradores de plans difusos e confusos". "Eran e son necesarias decisións claras de carácter organizativo e orzamentario da Consellería de Sanidade para recuperar un nivel asistencial, o da Atención Primaria, imprescindible para o sistema público de saúde e que se atopa nunha clara situación de crise", abundaron.

  Deste xeito, unha vez "lido e analizado na súa totalidade" o documento elaborado pola Consellería, estes colectivos médicos consideran "que en ningún caso pódese considerar un novo modelo".

  "É máis ben unha declaración de intencións, carente de concreción en gran parte dos seus apartados, que inclúe só parcialmente algunhas das propostas realizadas polos diferentes colectivos sen dar resposta aos problemas reais máis importantes que os profesionais da Atención Primaria levan tempo solicitando por non poder realizar o seu traballo cuns estándares mínimos de calidade que garantan a correcta asistencia das necesidades dos pacientes galegos", afirman.

  "Non é este borrador dun suposto novo modelo, o que levamos tempo demandando, polo que manifestamos o noso rexeitamento ao mesmo", lamentaron os médicos galegos.

  Necesidades

  Por iso, urxen "solucións reais para os problemas da Atención Primaria", que sitúa como a "base" do sistema sanitario público galego, "tan ben valorado pola cidadanía grazas ao esforzo de todos os excelentes profesionais que día a día dan o mellor de se mesmos na súa actividade asistencial", engadiron.

  "Necesitamos tempo para os nosos pacientes, unha maior capacidade de xestión nas estruturas organizativas, recursos humanos adecuados ás necesidades poboacionais e medidas contundentes de aproveitamento dos recursos actuais que nos permitan abordar con garantías a cronicidad e o envellecemento poboacional con todos os problemas que leva, non só asistenciais se non tamén sociais e comunitarios, recursos técnicos accesibles e un orzamento mínimo que permita afrontar estes retos con solvencia", reivindican.

  "Diso é do que toca falar e sobre o que esperamos unha interlocución capaz de ofrecer respostas claras e de aplicación rápida", demandan, á vez que se mostran "dispostos a seguir dialogando" como fixeron "desde hai anos".

  Derivado de Galicia Confidencial.

Ver todas as noticias

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados