E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Noticias

O descarrilamento do tren Vigo-Porto afonda aínda máis na alta sinistralidade das comunicacións galegas.

O descarrilamento do tren Vigo-Porto afonda aínda máis na alta sinistralidade das comunicacións galegas.

  Galicia é a comunidade con máis mortos en sinistros ferroviarios, o punto máis conflitivo de Europa en accidentes de petroleiros, e a rexión de España con máis puntos negros nas súas estradas.

  12 setembro 2016

  Catro mortos e corenta e oito feridos foron o balance humano que deixa o tren sinistrado na mañá deste venres. O coñecido comúnmente como Celta, operado de maneira conxunta por Renfe e Comboios de Portugal e que une a cidade de Vigo con Porto a través de Valença do Miño, configúrase como un dos máis antigos que circulan por Galicia. De feito, este non levaba instalado o sistema Asfa dixital, que tería frenado o tren se superase os 60 km/h e que outros convoys da mesma liña sí que posúen. O tren saíu de Vigo ás nove da mañá e tiña previsto chegar a Porto algo máis de dúas horas despois, pasadas as dez da mañá hora portuguesa. Eran preto das nove e media da mañá cando ao aproximarse á estación do Porriño, onde non tiña parada programada, descarrilou, xusto tras pasar sobre dous cambios de vías. Chocou primeiro contra a base dun paso superior de pedra e logo contra unha torre eléctrica de metal, onde quedou detido co primeiro vagón automotor envorcado e a súa cabina notablemente danada, mentres que os outros dous vagóns, aínda que tamén descarrilados, permaneceron en vertical. O suceso abre unha investigación administrativa realizada pola CIAF -Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios-, e outra xudicial iniciada polo xulgado de garda do Porriño.

  O atraso endémico que arrastra Galicia repercute nunha tráxica confluencia que afecta de maneira drástica ás comunicacións tanto por estrada e ferrocarril como marítimas. Os datos multisectoriais e a estatística o confirman. Según o informe EuroRAP 2015 (Programa Europeo de Avaliación de Risco en Estradas) Galicia é a CCAA con maior proporción de estradas consideradas de alto risco con ata un 19% das súas vías afectadas. No eido ferroviario o accidente de Angrois con 79 mortos e 140 feridos e o presente de Celta colocan a Galicia como a comunidade con máis víctimas mortais do estado. E a nivel desastres ecolóxicos marítimos, Galicia é o punto de Europa de maior incidencia con casos tan apegados á memoria colectiva como o do Urquiola (vertedura de 100.000 toneladas en 1976), Mar Egeo (vertedura de 67.000 toneladas en 1992) ou o Prestige (vertedura de 77.000 toneladas en 2002).

  Foto: Marcos U. Pérez

Ver todas as noticias