E-distrito. A primeira plataforma xeralista da Coruña.

Axenda de Eventos

u

Luis Seoane. Sala permanente

  Pintor, gravador, debuxante, editor, deseñador gráfico, divulgador cultural… As múltiples facetas nas que sobresaiu Luis Seoane xunto coa riqueza e magnitude da súa obra, fan que resulte prácticamente imposible amosar nun único espazo a totalidade do legado que desde 1996 custodia a Fundación que leva o seu nome. Ao longo de todos estes anos, o traballo de Luis Seoane foi exposto en diferentes ocasións tanto na súa Fundación como en distintos centros de arte e museos como o IVAM de Valencia, o CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea, o MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo ou a Fundación Eugenio Granell, e formado parte de múltiples exposicións colectivas relacionadas coas Vangardas Históricas en Galicia e España e coa actividade cultural no exilio na Universidade de Zaragoza, o Museo de Belas Artes da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo Picasso de Málaga, etc. Todos estes proxectos expositivos serviron en maior ou menor medida para cumplir cun dobre obxectivo: respectar, por un lado, o desexo de Luis Seoane de que a súa obra fose accesible a un público o máis amplo posible, como vía para difundir a cultura e a arte de Galicia, e por outro, levar a cabo un dos fins para os que foi creada a Fundación Luis Seoane, que non é outro que difundir o universo creativo dun artista irrepetible.

Lugar:

  • Fundación Luis Seoane · San Francisco, 27 · 15001 A Coruña

Data:

  • 30/04/2019

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados