Fedra, a raíña da Illa do Volcán, está enferma: nin come nin fala nin durme. Os médicos son incapaces de averiguar a orixe do seu padecemento e o país enteiro anda preocupado polo seu estado de saúde. Algúns din que se volveu tola. Outros, que as longas ausencias do seu esposo, o rei da illa, acabaron por devastar o seu corazón, pero ninguén coñece a verdade e todos erran. E é que a gran responsable da doenza de Fedra non é outra que unha paixón que a atormenta dende hai tempo e que xa non pode reprimir máis; un erotismo inmoral e impúdico, un desexo violento e indómito, un amor prisioneiro e indecente.
REPARTO
EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO
Unha produción do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida e Pentación Espectáculos.