E-distrito

Axenda de Eventos

2

22 e 23-03/ Ciclo Principal: ¿Quién es el Sr. Schmitt?

  De Sèbastien Thièry, baixo a dirección de Sergio Peris-Mencheta

  O señor e o señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono.

  Pero os Carnero non teñen teléfono.

  O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt...

  E o que é máis estraño aínda, os Carnero descobren que están encerrados nunha casa que non parece a súa casa, os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence...

  O pánico apodérase de todo.

  O pesadelo non fixo máis que comezar.

  Son seica o señor e a señora Carnero, sen sabelo, o señor e a señora Schmitt?

  Quen está tolo?

  Quen está en posesión da verdade?

  El? Ela? Os "outros"?

  O espectador?

  Quen é o señor Schmitt?

  Con Javier Gutiérrez; Cristina Castaño; Xabi Murua; Quique Fernández e Armando Buika

  Dirección: Sergio Peris-Mencheta

  Compañía: Barco Pirata

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 23/03/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados