E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 22-04/ EXPO: Mulleres negras que cambiaron o mundo

  A iniciativa, promovida pola Concellería de Igualdade e Diversidade, visibiliza o labor de científicas como Kimberly Bryant, Gloria Twine Chisum ou Christine Daden

  A Concellería de Igualdade e Diversidade promove este mes de abril, na Domus, a exposición Mulleres negras que cambiaron o mundo, unha iniciativa municipal que pretende, tal e como explica a edil Rocío Fraga, "visibilizar referentes ocultos por unha historia construída desde a masculinidade branca".

  A mostra, impulsada pola área que dirixe Fraga, baséase no texto Mulleres negras na ciencia, de Zinthia Álvarez Palomino, un traballo que reúne 12 biografías ilustradas de mulleres científicas e que transformaron o mundo coas súas achegas, "pero que aínda son descoñecidas para unha parte da poboación", segundo explica a autora. A publicación, tal e como apunta Álvarez Palomino --co-fundadora da entidade Afrogalegas--, "ten como obxectivo recoñecer o traballo de mulleres negras e afrodescendentes que romperon con estereotipos de raza e xénero ao longo da historia". Así, tanto no libro como a través da exposición, a veciñanza poderase achegar ao labor de Kimberly Bryant, Gloria Twine Chisum ou Christine Darden, entre outras.

  A mostra poderase visitar na Domus a partir das 19.00 horas no día 9, e estará aberta ao público até o 22 de abril. Para máis información sobre as actividades e programas da Concellería de Igualdade e Diversidade, pódese visitar www.coruna.gal/igualdade.

Lugar:

  • Museo Domus

Data:

  • 22/04/2019

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados