E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 09-06/ EXPO: Fina Mantiñán.

  O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurou o 25 de abril a mostra Fina Mantiñán no Kiosko Alfonso. A mostra, que se pode visitar ata o 9 de xuño, fai un percorrido pola obra pictórica da artista coruñesa, que desenvolveu boa parte da súa carreira en Francia. 

  O responsable municipal salienta que esta exposición "busca poñer en valor e achegar á cidadanía o traballo dunha das artistas locais que acadou unha gran calidade na súa produción e unha atención no estranxeiro que non se viu igualado no recoñecemento que lle fixo a súa propia terra". Fina Mantiñán formouse inicialmente na Escola de Artes da Coruña antes de emigrar a París a comezos dos anos sesenta, onde compaxinou o traballo coa formación artística. Os seus anos en Francia e o seu contacto con diferentes correntes da arte configuraron un estilo persoal sólido que foi evolucionando ao longo das décadas. Na súa volta á Coruña, Mantiñán dedicouse ao ensino neste ámbito.

  A mostra, que inicia o percorrido pola súa obra con pinturas dos anos sesenta ata chegar aos noventa, presenta un total de 72 pezas tanto sobre papel como tea e madeira que amosan a súa experimentación con diferentes procedementos, como o colaxe. A exposición pode visitarse de luns a domingo no Kiosko Alfonso, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Lugar:

  • Kiosco Alfonso. Av. Xardíns de Méndez Núñez, 3, 15003 La Coruña

Data:

  • 09/06/2019

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados