E-distrito

Axenda de Eventos

7

17 e 18-05/ Ciclo Principal: O rei morre

  De Eugène Ionesco, baixo a dirección de Ana Vallés

  Despois dunha noite de esmorga, o fatuo rei Berenguer I, que creou un mundo á súa medida, aparece en escena. Os sons da festa que oímos ao entrar na sala desaparecen, e o monarca dun reino de pacotilla, que se cría atemporal, recibe a noticia de que vai morrer. Non quere crelo. Pensa que é un pesadelo e dubida de que ese momento estea preto, polo que non deixa de dar ordes coa soberbia daquel que pensa que controla todo. Asiste así aos últimos momentos da súa vida xunto á súa primeira muller, Margarida, e o seu médico, que intentan conseguir que o rei acepte que está no final da súa vida. Mentres, a súa segunda muller, a raíña María, intenta ocultarlle esta realidade e suavizar a súa agonía.

  Con Fernando Dacosta: o rei Berenguer I; Fina Calleja: Margarida, primeira muller do rei; Sabela Gago: médica real; Nate Borrajo: María, segunda muller do rei; Alfonso Míguez: Alfonso, súbdito.

  Dirección: Ana Vallés

  Compañía: Sarabela Teatro

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 18/05/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados