E-distrito

Axenda de Eventos

u

Sumrrá & Laura Iturralde. 6 mulleres – Audiovisual

  Sumrrá, con 19 anos de traxectoria, centos de concertos por todo o mundo nas súas costas e o sexto disco recén lanzado ao mercado, presentan unha nova forma de ver e escoitar este fermoso disco 6 Mulleres, acompañándose da videojockey Laura Iturralde.

  6 mulleres rinde tributo a seis mulleres poderosas, como son Frida Kahlo, Rosa Parks, Rosalía de Castro, Qiu Jin, Malala Yousafsai e Nawal Él-Saadawi. Conciben con Laura Iturralde un espectáculo único de videocreación, deseñado exclusivamente para estas músicas, onde a propia Laura Iturralde os acompaña ao vivo sobre o escenario. Toda unha posta en escena de imaxe e son que leva un paso máis alá as ganas de colaboración e experimentación do grupo Sumrrá con outros artistas e campos artísticos.

  • Manuel Gutierrez Iglesias. Piano
  • Xacobe Martínez Antelo. Contrabaixo
  • L .A. R. Legido. Batería
  • Laura Iturralde. Videocreación

  ESTACIÓN DE JAZZ

  Esta Estación de Jazz da Coruña, a cabalo entre o inverno e a primavera, trae ao Teatro Colón catro das máis destacadas propostas xeradas na trepidante e prestixiosa escena galega do jazz.

  Nesta particular estación poderemos mergullarnos na nova posta en escena de Sumrrá, presentando o seu novo disco coas videocreacións de Laura Iturralde.

  Tamén darán a coñecer as súas novidades discográficas dous dos nomes máis sólidos da escena ibérica, Pablo Sanmamed Trío e o Pablo Castaño Quartet, que estará acompañado pola cantora Ugia Pedreira.

  O concerto especial de apertura corre a cargo de Naima Acuña Project. Nel poderemos escoitar as novas composicións da prestixiosa batería coruñesa coa participación do artista internacional Simon Moullier.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 23/05/2019

Hora:

  • 20:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados