E-distrito

Axenda de Eventos

E

FESTAS DE MARÍA PITA. Banda Municipal de Música e Treixadura.

  Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. 

  Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel. Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

  Case 30 anos de gravacións e concertos, máis de 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

.

Lugar:

  • Praza de María Pita.

Data:

  • 15/08/2019

Prezo:

  • De balde

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados