E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 31-07/ EXPO: Alter ego.

  A sala de exposicións Plataforma14 acolle a exposición "Alter ego", que recolle os últimos traballos do artista Jonatan Mesías Torres.

  Nacido na Coruña en 1991, comeza o seu achegamento ás artes plásticas con 6 anos co agasallo do seu primeiro set de pintura por parte dos seus pais e posteriormente con 12 anos, a súa primeira cámara de fotografía. Participou en diferentes exposicións individuais e colectivas como parte doutro conxunto de artistas tanto en pintura como en fotografía.

  Durante a súa fase de estudos o artista decántase pola corrente artística do expresionismo, tras rozar a grandes expresionistas das vangardas e o seu posterior achegamento á obra de Jean-Michel Basquiat dáse conta de que unha pintura atrae máis canto máis exprese do autor, e por iso pasa dun estilo limpo ao máis improvisado e sen traballo previo, chegando a plasmar nas súas obras os seus máis profundos sentimentos e mensaxes sociais.

  Na exposición "Alter ego" poderáse observar a súa obra pictórica e inaugurarase o venres 28 de xuño ás 19:00 horas, poderase ver ata o  31 de xullo.

Data:

  • 31/07/2019

Prezo:

  • De balde

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados