E-distrito

Axenda de Eventos

o

Do 19 ao 22-09/ Ciclo Principal: Adiós Arturo

  Adiós Arturo fala do mesmo de sempre, de teatro. Do teatro que facemos na nosa vida cotiá; o teatro que hai na rúa, nos mercados, nos nosos traballos, na familia, coas nosas amizades e, como non, tamén socialmente, onde despregamos os nosos dotes interpretativos en toda clase de actos, "paripés", festas, vodas, bautizos, comuñóns e enterros.

  A partir da morte aos 101 anos de idade do polifacético artista internacional Arturo Cirera Mompou, nacido na Coruña en 1917, o público coñecerá o verdadeiro guión da vida deste coñecidísimo escritor, pintor, escultor, coleccionista de arte, poeta, compositor musical, dramaturgo, actor e director coruñés.

  Adiós Arturo é un canto á vida e de como vivila intensamente. Unha comedia tola, con toques "surreais" que, coma sempre, estará aderezada coas cousas que nos caracterizan e ao máis puro estilo La Cubana: coa participación do público, sorpresas, música e moito humor.

  Con Jaume BaucisXavi Tena; Toni Torres; Nuria Benet; Alex González; Babeth Ripoll; Montse Amat; Toni Sans; Edu Ferrés; Virginia Melgar

  Autoría, guión e dirección: Jordi Milán

  Compañía: La Cubana

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 22/09/2019

Hora:

  • Día 19 ás 20:30 h / Días 20 e 21 ás 18:00 e 22:00 h / Día 22 ás 19:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados