E-distrito

Axenda de Eventos

7

27 e 28-09/ Ciclo Principal: Donde el bosque se espesa

  De Laila Ripoll e Mariano Llorente

  Antonia e Isabel reciben o día da morte da súa nai unha caixa pechada que a defunta gardara durante anos e cuxa existencia descoñecían.

  Esa caixa contén algunha carta, fotografías, postais, medallas, mapas, obxectos, en fin, que veñen cuestionar todo o que Antonia cría acerca da súa familia.

  Isabel négase a mirar e non se fai preguntas.

  Antonia e a súa filla Ana, con todo, miran, preguntan,  inquiren, reflexionan, dubidan, atorméntanse e perseguen á pantasma dun avó e dun bisavó que non parece ser o que elas crían.

  Todo iso para  desazón de  Zoran, o paciente e atento marido e pai iugoslavo das nosas protagonistas. 

  A procura do avó levaraas a emprender unha viaxe real e física que se iniciará en Santander e acabará en  Banja  Luka, alá na afastada Bosnia.

  Pero o itinerario dos personaxes que van aparecendo na trama e na historia levaranos a  Barcarés, Lourdes, París,  Toulouse,  Mauthausen, Roma, Saraievo,  Kravica,  Jasenovac...

  Cada obxecto abre unha xanela, e cada xanela abre un ramallete de interrogacións, e cada resposta a esas preguntas abre unha ferida e cada ferida un racho e un asombro e un desasosego e algunha casualidade e moitas causalidades.

  A volta a España será a vitoria de dúas mulleres que vén cargadas de malas noticias, dunha dor irreparable e dun coñecemento das persoas que lles rodean que fará que a súa vida xa nunca volva ser a mesma.

  Con

  Mélida Molina: Charlatana, Almira

  Arantxa Aranguren: Antonia

  Juanjo Cucalón: Zoran

  Aurora Herrero: Teresa, Carmen, Muller musulmá

  Puchi Lagarde: Isabel, Emiliana, Irena

  Carolina Herrera: Ana, Antonia (aboa)

  Antonio Sarrió: Bernardo Roig, Esteban, Home

  Carlos Jiménez: Alfaro: Domingo, Marko

  Néstor Ballesteros: Músico 

  Dirección: Laila Ripoll 

  Producciones Micomicón

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 28/09/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados