E-distrito

Axenda de Eventos

e

Festa da Música Galega, da Irmandade da Música Galega

  Un grupo de músicos, cantantes, investigadores e colectivos que, convencidos da importancia identitaria da nosa música, traballan por difundila, poñela en valor e facela chegar ao público para o seu disfrute, constituíronse como Irmandade da Música Galega. Esta Irmandade organizou hai un ano, neste mesmo Teatro Colón, a primeira Festa da Nosa Música.

  O éxito alcanzado naquela primeira edición, impulsou á Irmandade da Música Galega a darlle continuidade a este evento, presentando neste 2019 a segunda edición da Festa da Nosa Música.

  Para esta ocasión teremos a colaboración do magnífico quinteto de vento Zoar, do barítono Pedro Martínez Tapia, das corais Cantabile, Sporting Club e Cántigas da Terra, asi como da Unidad de Música de la Fuerza Logística Operativa, que nos farán pasar un inesquecible serán musical con máis repertorio galego.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 03/11/2019

Hora:

  • 19:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados