E-distrito

Axenda de Eventos

8

08 e 09-11/ Goyo Jiménez – Aiguantulivinamérica 2

  O monologuista Goyo Jiménez chega a Galicia en novembro para representar a segunda parte do seu espectáculo Aiguantulivinamérica (si, si, o dos americanos), 15 anos despois da súa estrea exitosa. Unha nova oportunidade para desfrutar da súa cómica comparación das/os españois e americanas/os que non podes perder.

  Sinopse: “Goyo, cando vas facer máis monólogos de americanos, cando vas facer máis monólogos de americanos…?” Pois, queridas e queridos, o momento que todos estabamos agardando xa está aquí. Quince anos despois da estrea do espectáculo Aiguantulivinamérica, chega a segunda entrega da saga de monólogos máis celebrada… Aiguantulivingamérica 2. Si, damas e cabaleiros: volven as comparacións entre o fabuloso modo de vida estadounidense e o, digámolo así, menos glamuroso dos españois. Volven Mike, Joe, Susan, o pequeno Timmy e unha morea de novas personaxes, metidas de cheo en situacións absurdas que a todos nos soan e nos fascinan. Volve o surrealismo, o disparate, a complicidade e o enxeño, mesturados a partes iguais. Pero, sobre todo, volve o único e inimitable experto en asuntos americanos, Goyo Jiménez.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 09/11/2019

Hora:

  • Día 08 ás 21:00 h/ Día 09 ás 19:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados