E-distrito

Axenda de Eventos

R

TRC danza: CARMEN. Maquia

  CARMEN. Maquia é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio. Para crear CARMEN. Maquia reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador David Delfín, nun dos seus últimos traballos para danza, e Luis Crespo como escenógrafo habitual de Titoyaya Dansa. Dúas obras de Picasso en relación á Carmen de Mérimée serven de inspiración para a escenografía minimalista e para a elegancia e sobriedade que se deixa ver no vestiario ideado por David DelfínCarmen 1949 e Le Carmen des Carmen, de 1964. Este traballo en branco e negro está moi presente na escena e defínea de principio a fin. CARMEN. Maquia foi publicada en formato blu-ray por Naxos USA, no programa Lincoln Center at the movies, cunha gravación en vivo realizada por Ballet Hispánico en Mesa Arts Center de Arizona e dispoñible para a súa distribución a nivel mundial.

  Coreografía: Gustavo Ramírez Sansano.

  Dirección: Gustavo Ramírez Sansano e Verónica García Moscardó

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 15/11/2019

Hora:

  • 20:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados