E-distrito

Axenda de Eventos

6

16 e 17-11/ Ciclo Principal: La golondrina

  A señora Amelia, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a Ramón, un home novo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no  memorial da súa nai falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para el e, ao parecer, tamén para Amelia, quen a pesar das súas reticencias iniciais accede a darlle unha primeira clase. A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van debullando detalles do seu pasado, profundamente marcado por un atentado terrorista de signo islamita que sufriu a cidade o ano anterior. O significado real dese ataque, as motivacións do terrorista e a alongada sombra das súas vítimas provocan un duro enfrontamento entre Amelia e Ramón que os leva a descubrir a verdade sobre aqueles terribles acontecementos, unha verdade que os obriga a reflexionar sobre as súas propias identidades, a aceptación da perda e a fraxilidade do amor, espíndose ata tal punto que os seus destinos quedarán unidos para sempre nun canto común á vida.

  Con Carmen Maura e Dafnis Balduz

  Dirección: Josep Maria Mestres

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 17/11/2019

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados