E-distrito

Axenda de Eventos

e

Rec Fest

  Un festival que aspira a converterse nunha referencia a nivel estatal para as peroas amantes da música de guitarras na súa versión máis cañeira. A súa primeira edición terá lugar o sábado 23 de novembro de 2019 no Coliseum da Coruña. O REC Fest encherá a cidade de sons incendiarios e música combativa, irresistible e en grao sumo carismática. Seis horas de adrenalina pura.

  Co propósito de ser eclécticos dentro do ámbito do rock, no cartel do REC Fest terán cabida sons como o punk, o ska, o rock clásico, o metal, o hardcore, os ritmos urbanos, a fusión... A esta nova cita coa mellor música dura de gran formato non faltarán iconas de diferentes xeracións, figuras de alcance nacional e internacional e bandas con acento galego que veñen pisando forte nos nosos escenarios. Será unha cita imprescindible para as letras máis contestarias e a festa máis enérxica.

  O REC Fest é un festival único de rock que nace con vocación indoor e chega en 2019 ao Coliseum para facer tremer os cimentos da Coruña cos sons máis rotundos. Este outono, volve o ROCK con maiúsculas á cidade herculina. No cartel da súa primeira edición daranse cita Ska-P, Dakidarría, La Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre.

  As entradas do REC Fest estarán dispoñibles a partir do próximo luns 15 de abril a través das plataformas en liña Ticketea e Ataquilla e, fisicamente, no Quiosco da praza de Ourense da Coruña.

  O REC Fest (Rock na Coruña) é un festival organizado pola promotora de eventos Galicia Vella, coa colaboración do Concello da Coruña.

Lugar:

  • Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Data:

  • 23/11/2019

Hora:

  • 19:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados