E-distrito

Axenda de Eventos

O candil, un musical galego

  O Candil, xira arredor do cancioneiro galego. Sabidas por todos e todas, as cancións de comezo do século XX, agochan grandes historias do momento, e pasarán a converterse no primeiro Jukebox (musical de temas existentes) integramente galego.

  O Candil, como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global.

  Estamos en 1918, o fin da Gran Guerra deixa a Europa en ruínas. O mundo cambia, a reflexión sobre os erros do pasado revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino... A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan. Chega o momento de falar desa cidade moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.

  Intérpretes: Sara Fandiño, Lucía Sá, Tareixa Cambeiro, Lucas López

  Autoras: Sara Fandiño e Lucía Sá

  Música: Lucas López

  Dirección musical: Sara Fandiño

  Dirección: Rosa Puga Davila

  Compañía: Escola Galega de Teatro Musical

  Espectáculo en galego

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 24/01/2020

Hora:

  • 21:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados