E-distrito

Axenda de Eventos

8

28 e 29-02/ CICLO PRINCIPAL: Mestiza

  O punto de partida da obra constitúeo unha curiosa entrevista entre dous peculiares personaxes: Tirso de Molina, que con 19 anos está nos comezos da súa carreira dramatúrxica, e a xa anciá Francisca Pizarro Yupanqui, primeira mestiza do Perú, filla de Francisco Pizarro e da princesa inca Quispe Sisa, que vive como dama española no Madrid de finais do século XVI. Co pretexto da escritura dunha futura Triloxía dos Pizarro, Tirso trata de convencer a dona Francisca, que leva un ano recluída no seu estraño xardín, de que dea renda solta aos seus recordos e experiencias. O diálogo entre ambos supón a confrontación de dúas visións moi diferentes do mundo (home e muller, nova e anciá, español e mestiza) e, sobre todo, é a orixe de algo inesperado para dona Francisca: unha viaxe persoal e crítica pola historia española daqueles anos, que desemboca nun reencontro co seu pasado, co seu marido, Hernando Pizarro, co seu pai, e coa súa nai e irmáns indíxenas e na necesidade de miralos cara a cara. Quen é, entón, Francisca Pizarro? É española? É inca? Sobre que erixiu a súa vida e a súa fortuna? É vivir outra cousa que lembrar algo que se esqueceu? Pode de terra negra nacer flor branca?

  Con Gloria Muñoz e Julián Ortega

  Músico: Manuel Lavandeira

  Cantante: Silvina Tabbush

  Dirección: Yayo Cáceres

  De Emilia Yagüe Producciones

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 29/02/2020

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados