E-distrito

Axenda de Eventos

t

Atlantic Pride: Pistoletazo de saída

  Despois da exitosa primeira edición deste festival, avalada polas nominacións aos prestixiosos premios Fest e aos Iberian Festival Awards, a asociación Orgullo Coruña organiza un ano máis o Atlantic Pride, que se celebrará no mes de xullo na nosa cidade.

  Atlantic Pride é un festival a prol da diversidade e da normalización do colectivo LGTBI, e nesta segunda edición contará con actividades dirixidas a todas as idades, ademais da amplia oferta de lecer que xa ofreceu o ano pasado.

  Convidámosvos a esta primeira cita que, ademais de ser o pistoletazo de saída ás actividades do festival, servirá como presentación do cartel deste ano 2020 e contará con actuacións musicais coma sempre nun ambiente divertido e aberto para todos os públicos. Actuarán Antonia San Juan, Pupi Poisson, Nenita Danger e Yogurinha Borova.

  O importe íntegro da recadación deste evento irá destinado a CASCO, o Comité Anti-Sida da nosa cidade.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 03/04/2020

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados