E-distrito

Axenda de Eventos

j

Djely Tapa – Barokan

  No marco do Festival Harmatán o Teatro Colón presenta a cantante Djely Tapa. Descendente dunha familia de ilustres griots, a compositora e intérprete de orixe maliana Djely Tapa defende un estilo musical que oscila entre o blues, a electrónica e ritmos tradicionais do Sahel. Deuse a coñecer como cantante do grupo Afrikana Soul Sister, cuxo álbum epónimo, publicado en 2017, obtivo gran recoñecemento internacional. En xaneiro de 2019, lanzou o seu primeiro disco en solitario,Barokan, onde aborda temas como o lugar da muller na sociedade contemporánea e a africanidade. 

  Este traballo foi realizado por Caleb Rimtobaye (AfrotroniX) e recibiu o aplauso da crítica.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 05/04/2020

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados