E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 02-ag/ EXPO: Riazor 75: Recordos dun océano de soños

  O Kiosco Alfonso alberga, desde o xoves 18 de xuño até o 2 de agosto, a exposición "Riazor 75: Recordos dun oceáno de soños", na que os afeccionados poderán rememorar a historia do Estadio branquiazul, que hai uns meses cumpriu 75 anos de existencia.

  A Fundación RC Deportivo organiza, xunto ao Concello da Coruña, unha mostra cuxo eixo principal son 75 partidos protagonizados polo conxunto branquiazul sobre o céspede do recinto municipal. A exposición tamén terá espazo para outro tipo de competicións que tiveron lugar en Riazor ao longo destes 75 anos, como partidos de seleccións, torneos de verán ou a Copa do Mundo de 1982.

  Preto de 90 obxectos, entre os que se atopan camisetas, trofeos, entradas ou bandeirolas, e máis de 70 fotografías, ademais de 6 ilustracións de gran formato, acompañarán aos visitantes no seu percorrido pola historia do Estadio de Riazor.

  Igualmente, diversas pantallas mostrarán imaxes de competicións e eventos que tiveron lugar no recinto, así como planos xerais ou aéreos e mesmo de diferentes obras. Unha destas pantallas, ademais, mostrará unha inédita animación 3D na que se poderá observar con todo luxo de detalles a evolución de Riazor desde o comezo das obras en 1939 até o seu estado actual.

Lugar:

  • Kiosco Alfonso. Av. Xardíns de Méndez Núñez, 3, 15003 La Coruña

Data:

  • 02/08/2020

Hora:

  • De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas, de luns a domingo.

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados