E-distrito

Axenda de Eventos

O

DOCS DO MES: Honeyland de Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska

  Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente.

  Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas á man que deixa escondidas entre as rochas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansalas para poder extraer o mel e vendelo na cidade máis próxima.

  A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrécelles o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura, pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en practica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar os seus nenos.

  A pesar de que a chegada da familia lle proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecolledor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.

  Ano 2019 - duración 85 min

V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán

Lugar:

  • Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Data:

  • 01/09/2020

Hora:

  • 20:00 h

Prezo:

  • 2´5 Euros

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados