E-distrito

Axenda de Eventos

9

19 e 20-set/ Vendado es amor, no es ciego

  Estreno en tempos modernos en España con instrumentos orixinais

  O outro título lírico agora en cartel será Vendado es amor, no es ciego, unha das obras más importantes do compositor español histórico José de Nebra, que se ofrecerá en versión de concerto os días 19 e 20 de setembro no Teatro Colón. O caso de José de Nebra é paradigmático do desprezo que España adicou sempre aos seus músicos. Considerado un dos principais compositores europeos da primeira metade do século XVIII (pouco antes de que Mozart asombrara ao mundo), aquí é aínda un gran descoñecido, as súas obras escasamente programadas.

  Alberto Miguélez Rouco (A Coruña, 1994), un novo contratenor e director galego, acaba agora de propiciar para o prestixioso selo Glossa a primeira gravación mundial desta absoluta obra mestra do compositor bilbilitano, con texto de José de Cañizares, estreada en 1744 e que dende entón repousaba en inmmerecido sono. Con boa parte do equipo artístico orixinal que Miguélez Rouco reuniu para esta primicia (ao que se uniron agora a mezzo Carol García e o barítono Borja Quiza), e que acaba de ver a luz nun rexistro modélico (saudado coma unha das novas discográficas recentes máis importantes da música española), a obra volverá a ver a luz en tempos modernos, e con instrumentos orixinais, en Galicia coa idea de que esta interpretación sirva de algo e desde aquí para poñer luz no interese desta recuperación e emprenda xustamente o voo cara os escenarios internacionais.

  Miguélez Rouco estará á fronte de Los Elementos, a agrupación internacional integrada por músicos de distintas nacionalidades, con gran presenza española, e formados na Schola Cantorum Basiliensis, o centro máis prestixioso da música barroca en Europas, que se presentará agora por primeira vez en España.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 20/09/2020

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados