E-distrito

Axenda de Eventos

e

Deforme Semanal

  Con motivo do estado de alarma decretado polo goberno a causa do COVID-19, este espectáculo foi aprazado, fixándose nova data para a celebración do mesmo, sempre que o estado de alarma xa non continúe en vigor nesta data, non se decrete un novo e/ou non se limite a realización de espectáculos en recintos pechados.

  No caso de que non queira acudir na nova data establecida para a súa celebración, pode solicitar a devolución do importe da localidade no prazo máximo de 1 mes desde esta comunicación.

  As persoas que desexen asistir ao evento na nova data poderán facer uso dos tickets que xa teñen ou proceder á reimpresión dos mesmos coa nova data.

  Para as entradas compradas en taquilla, trala reapertura da mesma, habilitarse un prazo para atender ás posibles devolucións.

 

  CON LUCÍA LIJTMAER E ISA CALDERÓN

  DEFORME SEMANAL é un late night cultural e político presentado por dúas mulleres feministas: Isa Calderón e Lucía Lijtmaer. Este feito insólito en España debe ser celebrado. Deforme Semanal alónxase da perspectiva machirula e comenta a actualidade e os estereotipos para comprobar que, se o mundo pode ser unha traxicomedia, a realidade que nos rodea sen dúbida é un stand up irónico. Seica este late night de Diario Público é, antropolóxicamente, o máis interesante que ten acontecido nos últimos anos.

  O pasado novembre de 2019, Isabel Calderón e Lucía Lijtmaer estrearon a terceira tempada de Deforme semanal, o espazo que elas mesmas producen, escriben e conducen. E recibiron a inauguración da tempada co cheo total do Palacio de la Prensa de Madrid, onde o gravan. Durante estes tres anos de vida de Deforme Semanal, entrevistaron a políticos como Pablo Iglesias, Gabriel Rufián ou Ada Colau. Ademáis tamén recibiron a personaxes coñecidos como Moderna de Pueblo, Thais Villas, Alba Flores, Joaquín Reyes, Facu Díaz e Miguel Maldonado, entre moitos outros.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avda da Mariña 7A, 15001 A Coruña

Data:

  • 27/09/2020

Hora:

  • 12:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados