E-distrito

Axenda de Eventos

O mel non caduca

  Unha traxicomedia biodegradable e eco-sustentable ao redor da obsolescencia programada, a relación do ser humano cos obxectos e a degradación ecolóxica do planeta pola lóxica capitalista perversa, o crecemento e o consumo masivo de produtos.

  Un espectáculo cunha asombrosa dimensión plástica e sonora, creado a partir do universo das abellas e o mel. É un traballo para emocionar e concienciar, e tamén para rir e reflexionar. Rirnos de nós mesmos, como individuos e como especie. Cuestionar como puidemos, como humanidade, chegar tan lonxe.

  Intérpretes: Marián Bañobre e Avelino González

  Dirección e texto: Santiago Cortegoso

  Compañía: Ibuprofeno Teatro

  Espectáculo en galego

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 18/09/2020

Hora:

  • 21:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados