E-distrito

Axenda de Eventos

7

27 e 28-11/ Una noche sin luna

  Una noche sin luna é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca desde unha sensibilidade do século XXI, como se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.

  Una noche sin luna é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que formula a función non é unha viaxe arqueolóxica senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo, serven de espello do noso.

  A obra recolle entrevistas, charlas e conferencias de Federico García Lorca así como fragmentos das súas obras e ao final, a modo de taboado flamenco, moitos dos seus poemas. A través destes e da dramaturxia de Juan Diego Botto é o propio Lorca quen en primeira persoa nos achega ao seu mundo.

  Con moita ironía, emotividade e sentido do humor o autor vai relatando o seu paso pola residencia de estudantes, as críticas recibidas por Yerma, a súa experiencia en La Barraca, a súa relación coa prensa, os seus amores, a tensión dos seus últimos anos, e con todo iso ímonos achegando a temas como o papel da muller baixo a súa mirada sempre poética e reivindicativa, a necesidade da liberdade artística e de expresión, a loita pola liberdade de identidade sexual, ou a importancia da memoria e as raíces.

  Ten sentido falar de Lorca hoxe? Falar de Lorca hoxe é falar de nós mesmos. E esta obra pretende facelo desde a honestidade e o sentido de espectáculo.

  Repartición: Juan Diego Botto

  Dirección: Sergio Peris-Mencheta

  La Rota Producciones, Barco Pirata e Concha Busto Producción y Distrubución

Lugar:

  • Teatro Rosalía Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 28/11/2020

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados