Ata o 24 de xaneiro.
Exposicións arredor dunha pandemia
Os momentos de crise adoitan ser momentos de incerteza, de inseguridade e por iso difíciles de vivir. Pero unha das contrapartidas é que poden vir acompañados dunha maior creatividade nas diferentes artes.
Para visibilizar os novos procesos creativos xerados, convidouse a dúas comisarias, profundamente coñecedoras da realidade artística coruñesa: Ánxela Caramés e Leticia Castromil. Elas seleccionaron as/os autoras/es e obras participantes, así como a súa temática e estrutura.
A exposición ocupa as salas de exposicións municipais de Palexco e Quiosco Alfonso. Podemos ver pintura, escultura, fotografía, estampaxe, ilustración, videoproducción, instalacións... en resumo, unha visión ampla da diversidade artística da contorna coruñesa, agrupados cun único leitmotiv, a paisaxe, contemplado de forma ampla, a paisaxe exterior e interior, como obxecto da produción artística.
Un total de 128 pezas de corenta e un artistas que dan unha visión ampla dun achegamento a un motivo clásico da arte, pero cunha selección realizada nunhas circunstancias moi especiais.
O título da mostra é un haiku de Kobayashi Issa (1762-1826).