Ao longo da súa carreira, Lila Downs apoiou diversos proxectos culturais e sociais, e expresando nas súas cancións o activismo social e a preocupación por temas como a xustiza, os dereitos civís, as ameazas dos xornalistas no país e, máis recentemente, a situación dos migrantes en Estados Unidos baixo a administración Trump. Ademais de ser gañadora de 4 premios Grammy Latino e 1 Grammy polo seu talento musical, tamén recibiu o ano pasado un título Doutoramento Honoris Causa pola Universidade DePaul, en Chicago, en recoñecemento á súa traxectoria onde enaltece as tradicións mexicanas, os ritmos latinoamericanos, e a xustiza social a través da súa música.
"Neste disco, estamos a facer unha homenaxe ao chile. Cada vez que mo preguntan e contesto, de inmediato hai risas e a pregunta, É en serio? Si, é unha homenaxe a ese froito da terra que nos causa tanto antollo e sufrimento, pero que finalmente nos encanta! Empezamos a fritir o chile, agregamos beats da cidade, e saxos, trompetas e tarolas da costa, para compracer o vicio do baile. A manda da música é o motor máxico, unindo o pobo e a cidade. Cunha chela na man, soñando nun lugar cunha palmeira onde un se namora e reflexiona".
Con este texto Lila Downs presenta Al Chile
Nesta nova produción Lila preséntanos 11 cancións.