E-distrito

Axenda de Eventos

o

Rob

  Cando Rob subiu a ese barco non sabía que nunca chegaría ao seu destino.Ou talvez, o destino tíñalle reservado ese lugar, unha illa na que o único que atoparía é a si mesmo.

  Cando a vida vai á deriva é difícil saber cal é o noso porto. E mentres veñen rescatarnos a nosa imaxinación convértese no noso único salvavidas.

  Estimado público, grazas por vir acompañar a Rob na súa soidade, Pero non lle griten, non lle chamen, non lles poderá escoitar. Xa que a súa illa aínda que parece que está fóra en realidade está no seu interior. Así que, reláxense, séntense e bo naufraxio.

  Espectáculo sen palabras

  Compañía: L´Abast e Cía.Zero en Conduta

  Intérprete: Ramón Rodenas

  Dirección: Zero en Conduta

  Autoría: Lucía Aibar, Vitoria Minguez, J.A.Puchades (Putxa) e Ramón Rodenas

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 26/02/2021

Hora:

  • 21:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados