E-distrito

Axenda de Eventos

a

Salvador

  SALVADOR é o nome da capital de Bahía, en Brasil. Por alí e por todo o estado emigraron moitísimos galegos nos anos 50 (o último éxodo galego a América), sobre todo do sur de Galicia, a maioría deles homes e de cinco aldeas da provincia de Ourense: Ríos, Laza, Pazos, Medeiros e Refogos.

  De Pazos, Verín, era Benito Fernández Meiriño, o avó paterno de Borja Fernández; emigrou a Brasil o 5 de decembro de 1959 e desapareceu, ou fíxose desaparecer. Atopárono 18 anos despois, xunto a "miss garota do verão sulbahiano 1977" na localidade costeira de Ilhéus, 400 km ao sur de Salvador de Bahía.

 Benito demorou 10 anos en escribir dúas cartas, en 1987, unha pedindo perdón pola súa fuxida, e outra dicindo que na seguinte carta explicaría "la verdad cruda y desnuda de los hechos que me llevaron a dejarlos". Esa carta nunca chegou e Benito faleceu en 2004; nunca regresou. El é o noso protagonista. O que pon a historia en movemento. O detonante.

  Idioma: galego 

  IDEA ORIXINAL E CREACIÓN: Borja Fernández

  DIRECCIÓN: Borja Fernández e Uxía P. Vaello

  TEXTOS: Manuel Cortés e Borja Fernández

  DESEÑO DE ILUMINACIÓN E AUDIOVISUAIS: Laura Iturralde

  APOIOS EN RESIDENCIA: A Berberecheira (grupo Chévere), Centro dramático Galego, Espaço Luna Lunera, Iberescena e Teatro Ensalle.

Lugar:

  • Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 28/05/2021

Hora:

  • 20:30 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados