E-distrito

Axenda de Eventos

i

Silvia Penide presenta "Los días de plomo"

  A artista galega Silvia Penide logrou un dos seus soños: a voz de Víctor Manuel soa de marabilla xunto á súa nunha canción que rescatou do seu anterior traballo, titulado como a canción: El efecto boomerang.

  Los días de plomo é o título do seu octavo disco, o octavo xa na súa carreira musical, e no que Silvia puso toda a súa paixón para transmitir esperanza nestes momentos complexos para a humanidade. Letras que nos recordan o que estamos a vivir e que tamén miran cara o futuro. O EP ábrese cun dos dos poemas en galego escritos pola autora e musicados ao piano, con composicións orixinais de Carla López, pianista da banda de Penide. Os arranxos de guitarra son outro dos puntos fotes do disco e deles encargouse o guitarrista e compositor Paul Álvarez. O disco, gravado en Drum&Roll Studios da Coruña, viaxou a Madrid para as mezclas de David San José (que tamén aportou baixos e órgano hammod) e a masterización de José María Rosillo.

  O resultado final permítenos gozar do constante crecemento desta autora galega que gañou en 2020, por segunda vez, o Premio Martín Codax da Música na categoría de Mellor Canción de Autor. Un recoñecemento que otorgan as socias e socios de Músicas ao Vivo, a asociación galega de músicos, co que é o seu propio gremio o que decide concederlle ese premio.

.

Lugar:

  • Teatro Colón. Avenida da Mariña nº 7A 15001 A Coruña

Data:

  • 17/04/2021

Hora:

  • 19:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados