Peza documental e solo de danza contemporánea arredor da figura de Emilia Pardo Bazán e a súa obra.
O proxecto Amparo ao outro lado ofrece unha experiencia multisensorial arredor da figura da autora Emilia Pardo Bazán.
O evento conta cunha peza de danza contemporánea, un documental e un encontro coa artista. Este formato, permítelle ao público coñecer dende as voces das mulleres que acompañan a figura de Emilia ata o presente, a historia e pegada da autora no movemento feminista galego.