E-distrito

Axenda de Eventos

u

Xurxo Fernandes

  Cunha voz cálida, potente e chea de matices e expresividade, Xurxo Fernandes móvese con gusto e perfección polo cromatismo propio destas dúas ricas e variadas tradicións orais.

  Xurxo, invertigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental. Acompáñalle unha banda formada por cinco virtuosos músicos: Pedro Lamas (gaita e saxofón), Roberto Comesaña (teclados), Rafa Morales (baixo) e Rubén Montes (percusión). As pandereteiras sen Fronteiras póñenlle a guinda a este proxecto que non deixará ao público indiferente.

.

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 09/04/2021

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados