E-distrito

Axenda de Eventos

6

16 e 17-abr/ O príncipe constante

  Estamos ante unha das grandes obras mestras de Calderón da Barca. Unha obra que recolleu grandes eloxios de diversas tradicións teatrais europeas como a alemá, a polaca ou a rusa. Unha obra que levou a Goethe a dicir en 1804, nunha carta a Schiller, que se toda a poesía do mundo desaparecese, sería posible reconstruíla sobre a base do príncipe constante. A liberdade de cada persoa, defendida ata as súas últimas consecuencias, levará a Calderón a visitar zonas do comportamento humano non visibles ata ese momento, conxugando esa defensa cunha fasci- nante exaltación de infinitos aspectos do amor humano e a súa proxección cara ao transcendente.

  Dramaturgista: Albert Arribas

  Composición musical: Xavier Albertí

  Dirección e versión: Xavier Albertí

  Repartición: Lluís Homar, Arturo Querejeta, Jose Juan Rodríguez, Beatriz Argüello, Rafa Castejón, Egoitz Sánchez, Jorge Varandela, Lara Grube, Jose Juan Sevilla, Álvaro de Juan, Mariña Mulet, Iñigo Álvarez de Lara, José Cobertera, Jonás Alonso, Irene Celestino, Jorge Chamas, Isabel Juárez, Alfonso Neves

Lugar:

  • Teatro Rosalía. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Data:

  • 17/04/2021

Hora:

  • 20:00 h

Comprar Entradas:

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados