E-distrito

Axenda de Eventos

á

Cándido Pazó

  Festival de Narración Oral.

  Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral de Vigo e de Galicia e sendo un dos " benjamines" das xeracións xurdidas ao redor dos primeiros encontros da histórica  Mostra de Ribadavia. Na súa formación é necesario resaltar o seu paso pola "École  Philippe  Gaulier", en París, que acabará deixando moita pegada nos seus traballos de escritura e posta en escena.

  Despois dunha primeira etapa de actor en diversas compañías e no  CDG, debuta como autor e director de escena con O  melro  branco (Premio  Xeración  Nós de Teatro Infantil, 1989), peza representada pola súa compañía Tranvía Teatro. Dirixindo a compañía  Ollomoltranvía, pon en escena o seu traballo máis soado, "Commedia, un  xoguete para  goldoni", espectáculo de  comedia  dell arte polo que recibe varios premios.

  Realizou postas en escena, adaptacións ou traducións para diversas compañías galegas e o  CDG, traballando con textos propios ou doutros autores da talla de Roma  Mahieu, Gil Vicente, Quico  Cadaval, Marco Antonio da Parra, Suso de Toro,  Sanchís  Sinisterra,  Therry Jones,  Umberto Eco ou Itziar Pascual.

  Actor e director multipremiado en varias ocasións nos premios nacionais de teatro Max e nos autonómicoa María Casares, formou parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Maratón Europea da Creación Teatral, dentro do programa de actividades da Capitalidade Cultural Europea de Bruxelas, 2000.

  No campo da narración oral, máis aló das súas constantes actuacións en locais especializados, participou en numerosos festivais en España, Portugal e América Latina e imparte un seminario anual sobre "a  oralidade no actor" na  Escola Superior de Música e dás Artes  do Espectáculo  do Porto.

Lugar:

  • Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Data:

  • 21/04/2021

Hora:

  • 20:30 h

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados