E-distrito

Axenda de Eventos

t

Ata o 08-05/ EXPO. "Mi reino" de Jorge Lavandeira

  "Mi reino" fala sobre a memoria dun neno.

  Fragmentos independentes da nenez que conforman un todo.

  Mestúranse a alegría e o medo con recordos borrosos que exponenciamos e idealizamos cara ao

  Ben ou mal.

  Un paseo pola memoria que non ten voz. Unha maneira de lembrar sen pensar. Expresión que conta cousas que non sabía.

  Todos os reinados teñen o seu fin. Pero tamén o seu principio.

  O meu reino -O que es á parte do eu-

  E hai sempre un rei.

  Ou unha raíña.

  Un pai, unha avoa, un tío, unha nai...

  Pero sempre goberna alguén.

  E non o hai.

  E hai unión.

  E non a hai.

  E hai familia.

  E non a hai.

  E todo iso, nun momento,

  derrúbase.

  Todo o imperio cae,

  ladrillo a ladrillo.

  Ao principio non se é consciente.

  Pero aos poucos velo.

  Os que sobraban desde o principio,

  son os primeiros en irse.

  Cando non hai gobernanza, cando perdes unha ficha das importantes,

  todo se desmorona.

  E nese momento decátaste de que o imperio era máis débil do que crías.

  E quedan físgoas de po e algunha cousa barata para o recordo.

  E hai quen segue vivindo alí.

  E hai quen busca outros reinos que gobernar.

  E hai quen queda só.

  E hai quen constrúe outro reino, esperando que o seu non se derrube.

Lugar:

  • Bomoble. Rúa Nosa Señora do Rosario 11, Bajo. 15011 A Coruña

Data:

  • 08/05/2021

Ver todos os eventos

Parking Mallos
Parking Mallos

Relacionados